Na primeira semana de setembro a formación musical "La Settima Nota" de Manziana (Roma) devolveu visita á Coral Polifónica de Agolada, no segundo intercambio que celebraron e que no pasado maio recibían en Roma aos compoñentes de Agolada. Todo un acontecemento para unha vila tan pequena, produto do entusiasmo da directiva da Coral, encabezados por Xosé Luís Factor.
Durante a súa estadía en Galicia ofreceron tres concertos de música gospel en Lalín, Melide e Agolada. Xiraron visitas a Santiago, A Coruña, Ourense, Allariz, Oseira, sempre a compañados polos integrantes da Coral agoladense.
Na foto aparecen durante a súa visita aos Pendellos, retratados diante da Capela das Virtudes.
Por certo, desde a Consellería de Cultura díxosenos esta mesma semana que en outubro comezarán as obras de restauración dos Pendellos, que inclúen a devandita Capela. Igualmente, a prensa local, recollía hoxe a noticia de que a Deputación tamén vai licitar de inmediato as obras que lle corresponden. Que así sexa e que non se fagan máis de rogar.
Si todo iso xa o lera eu na prensa. Aledeime moito por todo. Bicos.
ResponderEliminar