Desde a igrexa ata a carballeira da festa houbo un viacrucis que remataba nun calvario formado por tres cruceiros. Neste punto daba a volta a procesión da Virxe.
Cando se ancheou a estrada N-640 e coa construción do novo campo da festa, os cruceiros mudaron de posición nunha desfeita evidente.
Nas fotos que vos ofrezo vemos a entrada ao curro da rectoral, á beira da estrada. Sobre a columna da dereita retratei hai ano e medio a efixie dunha Virxe, que eu creo procedente dun daqueles cruceiros. No pasado agosto descubrín con abraio que xa non estaba sobre o pedestal da cancela. Non indaguei sobre o seu paradoiro pero todo me fai pensar nun furto dunha peza de patrimonio.
De ser así, é fácil inferir a vulnerabilidade á que está exposto o inxente patrimonio do rural e a depredación insaciable dos coleccionistas ou outros desaprensivos.
Bonitas fotografías. Teñen un encanto especial. Bicos.
ResponderEliminarAs fotos son moi Bonitas. Bicos.
ResponderEliminarResulta ben complicado de entender que se poidan cometer este tipo de tropelías. Cando vexo cousas así penso que moitos erros estamos a cometer nesta sociedade. Se non somos capaces de respetar o noso patrimonio...malo malo
ResponderEliminar(A Saleta nas Trabancas ten para nos unha lectura moi especial)
E o pior aínda ninguén denunciou o feito!
ResponderEliminarXa ves Manolo.....¿Alguen se preocupou de decir ni mu.....?
ResponderEliminarPenso que o raposo ten razon, deberiamos denunciarlo a Guardia Civil, alo menos que quede escrit auna denuncia....Eu vou contigo se queres.
Ao millor gardaron a figura os propios donos.
ResponderEliminarDe todas formas é triste o que se deixa facer por este país.
Non sabía o de que un irmán era un amigo regalado pola natureza pero niso pensamos: o Leo e o irmán van ser amigos.
ResponderEliminarGraciñas polos parabéns !.