Esta entrada ten como protagonistas as dúas fotos, escaneadas directamente dun negativo que xacía ignorado e arrecantado. Se algún día tiven as fotos en papel, hai xa moitos anos que as perdín. Na foto superior aparecen os membros do equipo de fútbol que organizara D. Manuel Guerreiro, párroco de Val de Sangorza, que aparece de pé con xersei gris. Na de abaixo catro dos meus amigos (Xosé Ramón, Nilo, Álvaro e Ramiro) locen con orgullo a equipación branquiazul no campo de fútbol practicado no monte da Serra de Agra.
A vida do concello xirou naqueles primeiros anos 70 arredor da parroquia de Val porque o crego actuaba como verdadeiro catalizador dos anceios da xuventude e das iniciativas da parroquia. Todos soubemos das súas múltiples xestións diante da administración e da Fundación Barrié e dos numerosos froitos obtidos daquel traballo. Os veciños de Val crían nel e deixáronse guiar. Velaí o mérito dun traballo altruísta e dunha veciñanza comprometida e unida. Exemplo a imitar.
i like......
ResponderEliminarQue lonxe se ve agora cando falamos dos "teleclubes". Cumpliron unha función moi cortiña no tempo, xa que o progreso superou axiña a función inicial para a que foron pensados.
ResponderEliminarEn Antas houbo ideas varias para tentar recuperalos dándolles novas utilidades, pero a maioría están moi deteriorados e, somente algúns serven como local para as mesas electorais ou para contadas xuntanzas de veciños.
E saes ti na foto de arriba ?.
ResponderEliminarA min encántame o mundo dixital e isto de fusilar fotos antigas é unha marabilla.
Un saúdo.
Paideleo, non, eu non saio na foto. Eu era o da cámara fotográfica, a miña primeira cámara, unha elemental Werlisa. Os que saen nela eran case todos amigos meus e eu seguíaos alí onde ían para animar, pois xogar ao fútbol nunca se me deu.
ResponderEliminarUnha aperta.
Eu tamén penso que as imaxes son moi importantes para sacar do esquecemento persoas e valores da nosa historia.
ResponderEliminarUnha aperta.
Antón.
Estades todos moi graciosos.
ResponderEliminarUn bico e unha aperta da túa filla.
E moi posible enton que coñezas a Antonio Val o agora presidente do Centro Cultural Lucerna (O antiguo Teleclub), xa que el tamen xogou naquel equipo de Futbol que dirixia D. Manuel. Hay uns anos organizou unha homenaxe a D. Manuel e xuntou nun partido e nunha cena a aqueles rapaces que xogaban no campo da Serra. Encantarianos ter esas fotos para o archivo do Centro Cultural, ¿podrias enviarmas por mail?
ResponderEliminarSaudos
Susi
Val de Sangorza
Encántanme estas fotos de antes. Bicos.
ResponderEliminarSusi de Val, non me lembro de teu pai polo nome pero tiven que coñecelo. Aédame saber de vós na distancia. Déixame o e-mail e mándovos as fotos. Un saúdo.
ResponderEliminarGracias Busto, o meu mail e mj.otero@hotmail.com
ResponderEliminarManolo,teño que decirche que o da foto non e Manix,pois son Eu, o Nilo;porque El non xogou no Bancobao,o equipo de Val.Teño algunhas dos tempos de xogador e quero deixarchas.Unha aperta
ResponderEliminarOla. E como é o de escaner un negativo. Basta escanealo para recuperar as fotos ou hai que tratalas logo con algún programa?. Podo facelo eu rudimentariamente ou ten que ser un profesional da cousa?. Interesame moito. Eu herdei moitos negativos pero moi pouca cousa en papel.
ResponderEliminarCrema.
Respóndolle a Crema polo interese que ten en saber como se dixitaliza un negativo. É preciso ter un escáner que teña o acesorio para escanear negativos e diapositivas. No meu caso é un HP con ese dispositivo, nada caro 60 - 70 € ou menos. E despois ter un simple programa de retoque fotográfico que permita positivar. Eu emprego o Adobe Photo-Deluxe, que viña co escáner.
ResponderEliminarNada máis sinxelo.
Un saúdo.