16 de maio de 2009

O ECO INSISTÍA: ALA!


A lingua debemos respectALA (ALA!) todos.
A lingua..... hai que mamALA (ALA!).
A lingua....... hai que armALA (ALA!) con contidos, con motivos, con beleza...
A lingua hai que proclamALA (ALA!) sen complexos, sempre...
A lingua ..... hai que mimALA (ALA!).
A lingua ....... hai que amALA (ALA!).
A lingua ........hai que falALA (ALA!).


O galego que non fala
na lingua da súa terra
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela.
                VICTORIANO TAIBO




10 comentarios:

  1. A lingua hai que conservala (ALA)en pé, con orgullo.

    ResponderEliminar
  2. A lingua... hai que falala. Ala!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Fasnos mover o pe para bailala. (Ala!)

    Apertas

    ResponderEliminar
  4. E todolos los "ALA" que fagan falla. Esta non cadra, pero temos que defendela.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Se somos capaces de que os nenos a amen, todo o demais virá por engadidura; os grandes que non a aman xa nunca a amarán, pero teñen a obriga de respetALA. Desde o Pico Sacro

    ResponderEliminar
  6. Que boa a entrada. Un pracer sempre lerte, Busto, aínda que escriba pouqiño.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  7. Ala que burro eu que non sabía que ala é sen h.

    ResponderEliminar
  8. Non se é burro por non saber que se escribe con o h, senón por sabelo e non escribir en galego. Todos somos ignorantes, diferenciámonos porque non ignoramos as mesmas couas. Desde o Pico Sacro

    ResponderEliminar