22 de xullo de 2009

LEMBRANZA PARA ABELARDO

Falei aquí nunha ocasión anterior de Abelardo Barrio Mosquera. A súa memoria permanece intacta entre os adultos da comarca. Era un personaxe singular que espertou a atención da prensa por méritos propios. Viñeran a entrevistalo da revista Hola, d'A Voz de Galicia e creo que tamén os de TVE. Os d'A Voz de Galicia non dubidaron en apodalo "A computadora humana". Ademais diso, para os aqualatenses quedará na memoria para sempre coma un personaxe entrañable que non faltaba nas romarías nin nas feiras da contorna. Tampouco faltou á cita neste blog, polo que en certa maneira segue presente entre nós.

O recorte da prensa facilitoumo Rubén Rodríguez de Lalín.

6 comentarios:

  1. Moi interesante esta serie sobre "Personaxes". Que medre.

    ResponderEliminar
  2. Se ese e outros semellantes persoeiros tiveran a oportunidade de ir a Universidade terían sido catedráticos, e moitos catedráticos os veríamos sachando no millo, como así non foi, desexo que os seus descendentes de ter as mesma valía sexan os catedráticos do futuro. Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  3. Cando Abelardo viña por Antas sableabámolo a preguntas d tipo: Abelardo, i eu cantos segundos teño?. Es respostaba unha cifra que nos deixaba pampos.
    Lembro unha ocasión que veu á escola de Don Benedicto García, e o maestro cedeulle a sua silla. Impactoume moito aquel detalle, xa que para min Don Benedicto era o summun do saber, era o Maestro; e que deixase o seu sillón a un home coa pinta que tiña Abelardo fíxome pensar moito no senso de que as apariencias non reflicten nin sabiduría nin moito menos intelixencia.

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  4. Eu nunca escoitara falar del.....
    TEmos que averiguar mais cousas
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Un ano polas festas do Faro de Ventosa quixéronse rir del e preguntáronlle. Oiches Abelardo cantos canecos de terra terá o Farelo?. El quedou un bó anaco cavilando e, contestoulles: pois depende, se o caneco é tan grande coma o Farelo ten un só.

    ResponderEliminar
  6. Todo un personaxe este Abelardo. É curioso que fose capaz de facer cálculos con tan abraiante facilidade e, sen embargo, non chegase a aprender a ler. De todas maneiras a súa boa memoria suplía esa carencia.

    ResponderEliminar