24 de outubro de 2009

CONFERENCIA DE SALUSTIANO MATO NOS PENDELLOS

O vindeiro día 28, mércores, ás 12:30 Horas, na Casa-Museo dos Pendellos de Agolada, o catedrático da Universidade de Vigo, Salustiano Mato de la Iglesia versará sobre o tema: "PERSPECTIVAS DA RECICLAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS EN GALICIA MEDIANTE TÉCNICAS BIOTECNOLÓXICAS".
A charla, promovida por Gonzalo Barrio García (Director de Expansión do FEUGA, polo Concello de Agolada e pola Asociación de Empresarios de Deza) estímase que durará unha hora na que tamén haberá turno para preguntas. Boa ocasión para informarse da conveniencia da Planta de Biogás que pretenden instalar en Santandré (Carmoega).

Ningún comentario:

Publicar un comentario