Ata hai poucos anos sobre unha portada de acceso a unha eira próxima ao mosteiro campeou un brasón e un capitel do claustro románico como testemuña a imaxe que segue, obtida en 1995. Mais, que foi do capitel? O patrimonio, ese descomunal inventario inabarcable, perde así outra peza reseñable en favor dun interese particular.
Neste mesmo lugar sitúase o solar do lendario fogar natal do rei godo Wamba. E así, entre mosteiro e lenda confírenlle a este recanto, bendicido pola natureza, toda a aura da historia .
(A primeira imaxe desta entrada está collida da páxina romanicoengalicia.blogspot.com e a segunda do álbum que J.C. Cuesta publicou en Flickr).
O seguinte paso natural é que "desapareza" a labra heráldica. É unha mágoa que anacos así do noso patrimonio se perdan, sobre todo cando sería moi sinxelo gardalos no propio mosteiro, como algo máis que enriquecería a súa historia.
ResponderEliminarA peza heráldica é interesante, de comezos do século XVI, pola historia da liñaxe á que pertence. Dicir que nas terras próximas de Lalín existía (ou existe, non estou certo) outra igual, e en Rodeiro outra moi semellante.
Moitas grazas por seguir a abrirnos os ollos ante o que temos e o que imos perdendo.