O pasado sábado a TVG emitiu o programa "Alalá" gravado en Agolada en xullo de 2011 para cumprimentar ao grupo aqualatense BICO DA BALOUTA. Traxectoria e ideais do grupo e o denominador común de todos os seus compoñentes: amor e dedicación por estas terras. Un innegable sentimento telúrico, o carácter que imprime a pedra convertida en pendello humilde e transcendente, un grupo humano que camiña unido para aledar coa festa da súa música. Cantos de taberna, voces que acugulan gorxas de ledicia na vila e nas aldeas...
Se mo permitides quixera citar aos irmáns Blanco Iglesias, que me lembraron ao grupo Mocedades, nunha particular versión local. E que me gustaron as palabras de Raúl Galego e que lles estou agradecido aos gaiteiros de Bico da Balouta pola sempre desinterada colaboración, polo común sentimento de amor e reivindicación de Agolada e por terme invitado a participar neste programa.
Hola Manolo!! Que tal todo? Son unha antigua alumna tua do Colexio de Dumbria.. non sei se te lembras... temos unha paxina no facebook de exalumnos do centro e recordando nomes acordeime de ti, de Modesto...etc. un saudo grande..
ResponderEliminar