Hoxe, a tarde reservounos unha agradable visita ao antigo mercado da feira de Agolada. Os Pendellos, vestidos de gala, esplendorosos en continente e contido, conxugando con sabedoría a arquitectura popular e a artesanía paciente e excelente de múltiples e diversos artesáns galegos; acollían unha digna concorrencia de público.
Canto gozo ao ver esta arquitectura viva, aínda que sexa ocasionalmente, facendo marabilla nas miradas dos incrédulos!
Canta regalía ao escoitar como algúns enaltecían a feitura e consistencia das trabes (elocuente sinécdoque)!
Canta ledicia poder comprobar como as administracións van descubrindo a excelencia deste espazo da mellor etnografía! A ver se finalmente se animan a botar a andar en serio o recinto dun xeito permanente.
Canta satisfacción poder asistir á amenísima charla do deseñador vasco afincado en Barcelona , Martín Azúa! Que luxo para Agolada!
Canta alegría ao ver entrar ao autor de Memorias dun neno labrego na humilde capela das Virtudes!
O dito, unha agradable visita.
P.S.
Os Pendellos que enamoran
El corazón del folclore late en Agolada
Web oficial
Un taller de luxo con Martín Azúa
Un paseo, una foto
Leilía pecha o Encontro da Artesanía
Os Pendellos lateron ao calor da artesanía
Clamoroso éxito
Coa lembranza das antigas feiras os pendellos convértense, de novo, nun espazo arredor do cal latexa a vida.
ResponderEliminarFermoso o traballo dos artesáns neste marco incomparable.
Grazas por compartir as imaxes.
Saúdos. César.
Nós estivemos o venres e foi unha agradable sorpresa ver este encontro de artesáns. Gustounos moitísimo e os Pendellos son o marco perfecto para esta xuntanza. Acabamos de publicar unha entrada no noso blogue falando tamén desde encontro que esperemos sexa o primeiro de moitos.
ResponderEliminar¡Un saúdo!
Eu tamén fun e, coma sempre que vou, gustoume a mestura perfecta entre a pedra e maila artesanía.
ResponderEliminarParabéns.
Apertas.
(Tamén hai unha foto hoxe na Chousa dese evento, pero ti ben sabes que me costa moito escribir dereito...)
Felicidades, unha moderna imaxe do antergo.
ResponderEliminarDesde O pico Sacro
SEICA FOI UN ÉXITO TOTAL SEGÚN ME DIXERON OS MEUS PAIS E IRMÁS, ALEGROME, BOA FALLA NOS FAI Ó POBO DE AGOLADA. SAUDOS DE UN AGOLENSE QUE VIVE EN PALMA DE MALLORCA.
ResponderEliminarAlédame ver tan vivo e activo o recinto dos pendellos.
ResponderEliminarGustaríame ser rico para mercar en todos os postos.
oooh, e eu estaba bastante cerca e non me enterei...
ResponderEliminarmágoa.
... eu non me enterei, que lastima...
ResponderEliminar... non o perdería por nada.
desde Madrid.
Fidel.