Esta é a praza da feira. Moitos lembramos nesta subida cara a rúa San Pedro os polbeiros situados en ringleiras, aliñados a ambas beiras do camiño, as panadeiras cos seu moletes de pantrigo e a feira do grao e do millo corvo. Na esquina inferior esquerda as lousas que tapaban o pozo que deu de beber á feira durante decenios, empregado finalmente para verter a auga de cocer das caldeiras dos polbeiros.
Un coche ocupa na foto o estreito paso da rúa San Pedro onde lembramos aos impedidos e eivados pedindo esmola apelando á alma dos defuntiños dos viandantes que se dirixían á feira dos porcos. Toda unha historia, da que botamos de menos aquel xentío que acugulaba este espazo.
O motivo da imaxe non foi a arquitectura, senón os mozos que subían a saber a onde. Posibles destinos: á misa ou ao bar do Pepe Tolo ou... Entre todos eles só son capaz de recoñecer a Alfonso Vidal.
En resumo, un lugar e un tempo idos.
Ata eu, que nin nacín nin me criei nas terras de Agolada, sinto unha mestura de pena e de amargura por terse perdido todo aquelo, que pode que fose un pouco miserento na forma de vida, pero que vendo o que vexo hoxe en día nas nosas vilas e cidades penso que a auténtica miseria é a de hoxe en día.
ResponderEliminarA melancolía pode vir de que a miña familia tamén pisou esas feiras e eses pendellos. (fernando de Quián)
Unha aperta grande para ti e cantos visitan esta bitácora que é un canto de loubanza para as terras veciñas de Agolada. Que o 2014 nos vaia traendo o sentidiño que parece que fuxiu da nosa sociedade.
ResponderEliminarÉ incrible que deixaran derrubar un lugar así.
ResponderEliminar