Alédame moito que o Colexio Oficial de Arquitectos de Pontevedra (COAG) escollese este antigo mercado para celebrar o Día Mundial da Arquitectura. Necesítanse accións de todo tipo para apoiar e reivindicar este
recinto ata conquerir a súa plena restauración e a súa posta en uso.
A definitiva restauración, ao meu entender, chegará cando:
- o Paseo da Parranda recupere os seus pendellos-expositores
e o nivel orixinal do chan.
- os pavimentos das rúas, prazas e canellas acaden a
uniformidade en todo o conxunto.
- se eliminen elementos arquitectónicos disruptivos.
- se recuperen para o dominio público espazos invadidos
alegalmente.
- se consiga comprar e musealizar as cabalerizas da
"casa da Audiencia".
- se consiga a protección BIC para todas as construcións de
feira existentes en Agolada. Que inmenso erro sería perder calquera dos
pendellos que aínda hai! O gran activo e atractivo de Agolada chámase PENDELLO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario