Plaxio é "copiar no substancial obras alleas, dándoas como propias" (Real Academia Española)
O plaxio é usar o traballo, as ideas, ou as palabras doutra persoa coma se fosen propias, sen acreditar de xeito explícito de onde provén a información.
A información allea é propiedade doutra persoa (como o é un coche ou calquera outra cousa que posuímos), independentemente de que sexa gratis ou non, ou da forma en que accedamos a ela (en Internet, unha revista, un libro). As nosas palabras perténcennos e non poden utilizarse sen o noso permiso.
Por iso, o plaxio é unha infracción do dereito de autor sobre unha obra de calquera tipo, que se produce mediante a copia da mesma (sen autorización da persoa que a creou ou que é dona ou que posúe os dereitos de devandita obra) e a súa presentación como obra orixinal.
O plaxio posúe dúas características:
- A copia total ou parcial non autorizada dunha obra allea.
- A presentación da copia como obra orixinal propia, suplantando ao autor verdadeiro.
É dicir, cométese plaxio cando se divulga, publica e reproduce unha obra a nome dun autor distinto do verdadeiro, atentando contra os seus dereitos morais e patrimoniais, xa que se usurpa a súa autoría.
Incurrimos en plaxio....
- Cando publicamos un traballo alleo coma se fose propio, independientemente de que a copia sexa total ou parcial.
- Cando parafraseamos un texto, é dicir, cando o reescribimos con outras palabras facendo pequenos cambios na linguaxe para disimular e sen citar as fontes.
- Cando copiamos calquera tipo soporte multimedia ( gráficos,fotos, audio, vídeo, páxinas web..), programas de ordenador, música, gráficos... sen citar ao autor.
Cando nos baseamos nunha idea ou frase doutro para escribir un texto novo e non citamos ao autor da idea.
O plaxio constitúe cando menos unha ofensa moi seria, e pode chegar a consitutuír un delito.
Traducido desde:
http://www3.uah.es/bibliotecaformacion/BECO/plagio/1_qu_es_el_plagio.html
IMAXES DESTA ENTRADA:
Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
Ningún comentario:
Publicar un comentario