Algún día teremos que lle facer xustiza á fotografía, porque moitas imaxes constitúen documentos de alto valor histórico. Cada ano que pasa, calquera imaxe gaña en valor histórico, social e sentimental.
Ollade esta imaxe, tomada na escola de Ventosa, tras a reitoral, alá polo anos 1962-64. Que riqueza advirto! Si, demográfica, a verdadeira riqueza, a forza intelectual e física dun país: a xente nova. Onde hai xente moza, hai esperanza, ilusión e alegría.
Hoxe estreamos un novo arquivo fotográfico do que veño de recibir unha boa colección de imaxes, espero tirarlles proveito; e se se pode, reconstruír parte da nosa íntima historia. Esa historia que remove a nostalxia e nos fai retroceder á infancia con alegría. O arquivo é de Galego, Manuel Galego Iglesias. Fíxomas chegar Pablo, o seu fillo primoxénito. Terei que lle pedir que mas remese con algo máis de calidade.
Dixeches ben cando falaches da riqueza demográfica. O ano 1964 foi o ano que naceron máis españois na historia.
ResponderEliminar