Nas paisaxes de Agolada predominan os piñeiros e os prados naturais e artificiais. Mais as especies clímax do bosque agoladense son os carballos e os bidueiros. Se ben están en regresión por mor das actuais prácticas forestais, que prefiren os piñeiros e os eucaliptos. Tamén por culpa dos incendios, das concentracións parcelarias... Debería medrar na xente o fomento dos bosques como un valor de futuro.
Na foto vese un soberbio exemplar de bidueiro (betula pendula) no lugar d'O Valadoiro (Santa Comba). Aquí tamén lle chamamos bídalo. Recentemente enteireime por Manolo Ferro de quena zona de Toques lle chaman albelo. En con canta razón se miramos para a súa cortiza branca.
É obrigado insistir na ortografía dos topónimos: Bidueiros e O Valadoiro. Así figuran no nomeclátor oficial da Xunta de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario