A mámoa desta foto é a catalogada co nome de Mámoa do Coto Cornellal 2. Ten unha pequena cámara dolménica con cinco chantos vistos. Foi expoliada e fáltalle a tapa ou mesa.
A existencia no século XVIII dun libro chamado O Ciprianillo desatou o imaxinario popular e en moitas ocasións lanzouse á busca de tesouros que crían agachados nos castros e nas mámoas. Isto explica por que tantas mámoas aparecen escavadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario