O camiño da foto é un dos tramos do camiño real que desde O Vento (Bermés-Lalín) baixaba ata a Ponte dos Cabalos e logo ascendía a Ventosa e subía pola Aldea do Monte, a Serra do Farelo e chegaba a terras de Lugo polas aldeas de O Seixo e A Somoza. Este tramo da foto consérvase bastante ben. O que baixa desde Parada á Ponte dos Cabalos tamén presenta o estado primitivo. Mesmo se advirten no chan as lousas da calzada.
Adentrarse nos camiños, a pé, en bicicleta ou dacabalo; é acadar os horizontes avantando entre valados, dexergar o mundo peneirado pola sombra mesta dos carballos, aspirar o recendo de bosques centenarios, escoitar os trilos dos paxaros namorados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario