Esta fermosa flor de nome pasionaria, pasiflora ou flor da pasión abundaba moito na vila de Agolada cando eu era neno. É unha planta trepadora. Lembro unha que se enroscaba na portada exterior da palleira do Eiras. Cada vez vexo menos. O verán pasado puiden fotografar esta en Santoandré (Carmoega). Estaba na parede do curro do señor Xosé da Capilla.
O seu nome científico é Passiflora caerulea.
Cando nenos, gustabamos de coller estas flores, partilas e zugarlles o zume azucarado que levan nun anel cilíndrico. Era das mellores lambetadas e ademais gratis. Mágoa que para iso houbera que matar a beleza da planta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario