Vén acompañado polo presidente do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome mailas súas respectivas donas. Xosé Lois Vilar tamén pertence a este colectivo e desempeña no Val Miñor un importante labor investigador, didáctico e cultural.
Desde esta fiestra virtual, aproveito para lles mostrar o noso agradecemento pola súa colaboración e compromiso.
Ese día tamén estiveron connosco dúas mulleres francesas, nai e filla, Lilianne e Lucie, mestra a primeira, licenciada en Arte, a segunda. Deu para practicar o francés máis para falarmos da cultura dos "tumulus".
Ningún comentario:
Publicar un comentario