Camiño de aldea tradicional. As casas orgullosas na súa humildade, coa súa pedra agradecida servindo de amparo aos emparrados.
Os camiños substituíron o primitivo estrado de terra e toxo por un pavimento de cemento, dismulado baixo o pó e a bosta.
Aldea de Sesto, nas terras ribeireñas do Ulla. Terras de primaveras e veráns máis cálidos que as que bordean o Farelo e invernos de brancas e intensas xeadas.
Agora que a espantada nas aldeas é unha alarma, esta imaxe trasládame a vida vagarosa e repousada das aldeas da miña nenez. Melloramos en servizos e enchemos as casas de cousas, pero ¿vivimos mellor?
Ningún comentario:
Publicar un comentario