1 de abril de 2007

MÁMOA DE NAMELAS I



O verán pasado fixen as dúas fotos de arriba. Co mapa arqueolóxico en man tiven que cachear entre a vexetación de xestas e uces para confirmar que estaba sobre a mámoa Namelas I. Ten unha pequena cámara dolménica sen tapa. Conserva seis chantos de tamaño medio e o polígono da cámara é igualmente reducido.
A sorpresa foi cando cinco meses despois, no pasado xaneiro, encontrei a chousa roturada e o túmulo de terra da mámoa escavado polo arado para facer unha repoboación forestal.
A lei de Patrimonio Arqueolóxico non impide realizar tarefas forestais neste tipo de xacementos pero sí fender co arado o túmulo. Cómpre información e coñecemento para que todos valoremos e respectemos o patrimonio arqueolóxico.
A mámoa de Namelas forma parte dunha necrópole de cinco túmulos, no monte de Axiaz, preto do rego do Turubelo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario