1 de abril de 2007

O ARNEGO POLO FONDO DE SESTO

O Arnego, que vemos na foto, leva paso de vello cansado. O seu brío foi coutado polo encoro de Portodemouros. Aquí as augas van remansadas, entaladas entre os bosques de piñeiros do fondo de Sesto (a parte que se ve por riba do río) e os prados e casas de Sampaio das Buratas (na parroquia cruceña de Toiriz). Forma aquí unha curva de ferradura de indubidable beleza. Pena que a foto non teña mellor luz. Anque non é lugar que frecuente, espero obter algunha imaxe mellor no futuro. Esta foi feita cando o sol xa se acubillara tras as montañas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario