8 de maio de 2007

SARTEGO NA CASA DO CONVENTO DE BASADRE


Este é o quinto sartego que levo visto nas terras de Agolada, destinado a pía para abeberadeiro do gando. Procedía das inmediacións da ermida de Santo Estevo en Basadre. Hoxe está ubicado no curro da antiga casa do Convento de Basadre.
Na actualidade buscásmoslles a utilidade e pasamos á beira deles ignorando a súa historia e o seu primitivo uso.
Pertence á época medieval, de cando era costume facer os enterramentos nestas enormes pías. Levaban unha tampa de lousa por riba, con ou sen inscricións e por veces poden aparecer con iconografía en altorrelevo.

2 comentarios:

  1. Isto valía para unha exposición sobre a re-utilización da nosa arte. O da reciclaxe os galegos entendémolo non sentido moi extenso: as botellas de cocacola, os sartegos ou -aínda non chas vin- as cancelas-flex. Deben ser consecuencias do que foi o noso grao de cultura e a situación económica.

    ResponderEliminar
  2. vaia, eu ía dicir algo similar... que nós reciclamos todo, dende un sartego ata un envase de cocacola... e seguiremos facéndolo, polo que vexo está escrito a sangue nos nosos xens

    ResponderEliminar