Ton van Vliet, fotógrafo holandés que estivo en Agolada nos veráns de 1977, 1978 e 1980; deixounos estampas impagables da nosa vida cotiá que sen el ficarían no esquecemento. A imaxe da moza que participaba na malla do Clemente da Estrella (ou Clemente do Pedro do Toco) é un bo exemplo.
Con sobrecamisa ampla (Burberrys country), pano no pescozo e gorro de tea, a moza abrázase á palla recén mallada nunha aperta íntima que expresa a súa integración no traballo colectivo e agradece o froito colleitado. Coa mirada baixa de resignación e esforzo cede protagonismo á palla nese carrexo frenético que vai da malladoira ao palleiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario