Hai xa dous anos que lle mandei un correo ao profesor ourensán Secundino Lorenzo Fernández, actualmente xubilado do IES As Lagoas de Ourense, para informarlle de marabillosa Insua dos Cabalos. El que ten unha estupenda web sobre A vida nos ríos galegos, tardou menos dunha semana en vir coñecela. Daquela ocasión é esta foto panorámica da Ponte dos Cabalos. Mandoume logo aviso do moito que lle gustara o lugar: a ponte, o muíño, a insua, o río. Un xardín botánico, dixo.
A partir dese día mantemos unha comunicación esporádica con algunhas colaboracións mutuas. Ríos, fotos e léxico son algúns dos temas que nos ocupan. Ten colgadas na súa páxina máis dun cento de fotos do Arnego e o Ulla ao seu paso por Agolada. Boa parte delas forman parte dun CD que lle enviei con 900 fotos dos devanditos ríos.
Quero expresarlle agradecemento pola súa contribución á divulgación do noso patrimonio e pola foto inédita que acompaña esta entrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario