21 de agosto de 2007

AQUELES AGUERRIDOS EQUIPOS DE FÚTBOL

Hai uns días o amigo Antonio Blanco Iglesias (Tucho do Mutilado) tróuxome unha serie de fotos que evocan os dourados anos 70 e que vos irei ofrecendo paulatinamente. Nesta primeira aparece o equipo de fútbol de Agolada (cantas veces se formaban por xeración espontánea!), vencedor, nas festas de San Pedro de 1972 logo de derrotar ao Silleda por 2-1. O capitán, supoño eu, Julio Blanco, ataviado con txapela negra sostén o trofeo nas mans. Daquela aínda non se puxera de moda bañarse nas fontes despois dunha gran fazaña futboleira.
Os artífices daquela proeza son os que seguen, de esquerda a dereita, arriba: Richard (¿sería o adestrador?), Ramiro Varela (actual alcalde), Xosé Ramón Negro, Tucho do Mutilado, Álvaro do Carril, Gonzalo do Trabancas, Manix do Caldeireiro, Nando do Carteiro, Luís do Coego, Nilo do Carril, Julio do Mutilado, Ricardo do Coego e Carlos da Virtudes.
De fondo o Colexio recén estreado e o hospitalillo. Campo do Hospitalillo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario