21 de agosto de 2007

DENOMINACIÓNS QUE RECIBE O HÓRREO

A lingua galega por variadas circunstancias, entre as que destacaría o illamento xeográfico das diferentes bisbarras, presenta en moitos dos seus vocablos unha variedade de rexistros que lonxe de ser dificultade, constitúe unha riqueza sen parangón. Estes termos nacen moitas veces de étimos ben distintos pero sempre relacionados.
O concepto HÓRREO é un deses que rexistra unha variedade ampla, que segunda as zonas se lle denomina dun xeito ou doutro. Dicíanme Suso Lista desde Corme e Paideleo desde O Porriño que eles alí lle chaman CANASTRO. Aquí na comarca do Deza o canastro é unha cesta grande. Na zona de Fisterra, onde vivín catro anos, dicíanlle CABAÇO ou CABAÇEIRO. O que vedes na foto, que está en Ventosa é ao que aquí lle chamamons CABACEIRO (sen seseo).
Para ilustrar a riqueza dos nomes déixovos uns recortes escaneados do libro: As construcións da arquitectura popular do execelente profesor e bo amigo Manuel Caamaño Suárez, un amplo compendio de referencia na arquitectura popular.

1 comentario:

  1. Interesante coma sempre.
    Polo Porriño chámase calustra ó hórreo rectangular de madeira con pés feitos de pasta de granito bruta. O hórreo máis elaborado de pedra chámase canastro.

    ResponderEliminar