O concepto HÓRREO é un deses que rexistra unha variedade ampla, que segunda as zonas se lle denomina dun xeito ou doutro. Dicíanme Suso Lista desde Corme e Paideleo desde O Porriño que eles alí lle chaman CANASTRO. Aquí na comarca do Deza o canastro é unha cesta grande. Na zona de Fisterra, onde vivín catro anos, dicíanlle CABAÇO ou CABAÇEIRO. O que vedes na foto, que está en Ventosa é ao que aquí lle chamamons CABACEIRO (sen seseo).
Para ilustrar a riqueza dos nomes déixovos uns recortes escaneados do libro: As construcións da arquitectura popular do execelente profesor e bo amigo Manuel Caamaño Suárez, un amplo compendio de referencia na arquitectura popular.

Interesante coma sempre.
ResponderEliminarPolo Porriño chámase calustra ó hórreo rectangular de madeira con pés feitos de pasta de granito bruta. O hórreo máis elaborado de pedra chámase canastro.