28.8.07

CASTIÑEIROS EN FLOR

Hai cousa dun mes os castiñeiros mareleaban coa candea, que é así como se chama a flor do castiñeiro, da que logo nacerá o ourizo. Os castiñeiros perfuman os campos cun melífico recendo e os contrastes de verdes e amarelos engalanan aínda máis a donosura das súas copas.
Foto feita en Moas (Brántega) ollando cara a Pena Maior.

4 comentarios:

paideleo dijo...

Polo Porriño as candeas tamén son as follas dos piñeiros.
As agullas dos piñeiros teñen muitíiiisimos nomes segundo a zona. En Arbo chámanlle fasco, en Tomiño cisco, en Cangas pico, no himno galego arume, etc, etc.

Anónimo dijo...

Se tes un momento, pon maña xoves a Radio Galega entre as 15.50 e as 16 máis ou menos. Senón podes, nesta páxina logo das 16 terás o programa. Coido que é posible que algo do que alí será dito sexa do teu interese. Saúdos! e parabéns polo que fas aquí.

dorvisou dijo...

E eu que estaba gardando o meu castiñeiro para un post...
Hoxe roubeiche as palabras :-)

Zeltia dijo...

E por silleda tamén lle chaman candeas as flores do millo (que hai que cortalas para que engrose a espiga, ou algo así)