18 de decembro de 2007

TRASPENAS - MOAS - BRÁNTEGA

Os nosos antepasados colonizaron o territorio buscando os mellores enclaves para habitar. Este casal da foto, a casa de Traspenas no lugar de Moas da parroquia de Brántega é un excelente expoñente de medio hospitalario, apto e idóneo para a habitación e para o cultivo dos agros circundantes. Ben gorecida do nordés, orienta as fachadas francas cara o leste e o suroeste. As fiestras son ollos atentos á vida da valgada que baixa ata o Arnego. O tellado achaparrado e a albura da fachada son unha pincelada de ledicia que humaniza o fondo verde, formado por verdes pasteiros e a vizosidade perenne das sobreiras.
Traspenas alude á situación do lugar en posición posterior ás rochas esquistosas que descenden en crestas de coitela desde a Pena Gundín. Moas lembra a presenza das pedras de amolar. Brántega é nome de eufonías esdrúxulas, de dicires prerromanos e toponimia opaca.

5 comentarios:

  1. Para un oll que non sabe a distribución do territorio rural semella un caos. Pero a nosa xente tivo a sabedoría non escrita de sempre para organizar o seu mundo.
    Graciñas pola explicación.

    ResponderEliminar
  2. Pois vese moi ben coidado e conservado o lugar.
    E será polo de esdrúxulos, pero cando se fala de Brántega, sempre me ven á mente a aldea de Frádegas (pertencente á parroquia de Santa Mariña, en Antas)

    ResponderEliminar
  3. atopei hoxe
    un artigo algo triste pero tamén valente no xornal El Pais. Como non sabía de qué me soaba o nome, metín Traspenas no google e o primeiro que figura es esta entrada túa. Non sei por qué pero non me extrañou nada nada. Apertas!

    ResponderEliminar
  4. moitas grazas! moi fermosa a descripcion da miña casa natal...por engadir algo mais, comentarvos o meu recuncho favorito, a camelia que vedes a esquerda da casa, lembrada xa por miña bisavoa na sua infancia, por finais do século XIX, e con mais topónimos curiosos en torno a casa:curro, nabal, a carreira,...se é que como a casa propia non hai ningunha,jeje.. tere

    ResponderEliminar
  5. Preciosa estampa preciosa que gardo con moito agarimo na retina. É a casa do Vilar de Brántega da miña bisavoa Carmen "a merla". Moitas gracias por publicala, así como as do Pazo de Traspenas, tamén son descendente dos Varela de Traspenas. De feito, Modesto Varela, meu bisavó, casou con Carmen "a merla"... Un saúdo para miña prima Tere!! Marcos.

    ResponderEliminar