Traspenas alude á situación do lugar en posición posterior ás rochas esquistosas que descenden en crestas de coitela desde a Pena Gundín. Moas lembra a presenza das pedras de amolar. Brántega é nome de eufonías esdrúxulas, de dicires prerromanos e toponimia opaca.
18 de decembro de 2007
TRASPENAS - MOAS - BRÁNTEGA
Traspenas alude á situación do lugar en posición posterior ás rochas esquistosas que descenden en crestas de coitela desde a Pena Gundín. Moas lembra a presenza das pedras de amolar. Brántega é nome de eufonías esdrúxulas, de dicires prerromanos e toponimia opaca.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Para un oll que non sabe a distribución do territorio rural semella un caos. Pero a nosa xente tivo a sabedoría non escrita de sempre para organizar o seu mundo.
ResponderEliminarGraciñas pola explicación.
Pois vese moi ben coidado e conservado o lugar.
ResponderEliminarE será polo de esdrúxulos, pero cando se fala de Brántega, sempre me ven á mente a aldea de Frádegas (pertencente á parroquia de Santa Mariña, en Antas)
atopei hoxe
ResponderEliminarun artigo algo triste pero tamén valente no xornal El Pais. Como non sabía de qué me soaba o nome, metín Traspenas no google e o primeiro que figura es esta entrada túa. Non sei por qué pero non me extrañou nada nada. Apertas!
moitas grazas! moi fermosa a descripcion da miña casa natal...por engadir algo mais, comentarvos o meu recuncho favorito, a camelia que vedes a esquerda da casa, lembrada xa por miña bisavoa na sua infancia, por finais do século XIX, e con mais topónimos curiosos en torno a casa:curro, nabal, a carreira,...se é que como a casa propia non hai ningunha,jeje.. tere
ResponderEliminarPreciosa estampa preciosa que gardo con moito agarimo na retina. É a casa do Vilar de Brántega da miña bisavoa Carmen "a merla". Moitas gracias por publicala, así como as do Pazo de Traspenas, tamén son descendente dos Varela de Traspenas. De feito, Modesto Varela, meu bisavó, casou con Carmen "a merla"... Un saúdo para miña prima Tere!! Marcos.
ResponderEliminar