Adega comprou unha casa labrega en ruínas e a chousa que a rodea. Algúns veciños cederon zarras anexas para o proxecto.
Os labores comezaron polas tarefas de limpeza e desbroce da finca e a retirada de escombros e silveiras da casa.
Na foto da esquerda sacada desde o interior do hórreo, vese a eira enlousada e parte da finca.
O valado da zarra dá ao antigo camiño real que comunicaba Ramil con Outeiro. Está contemplado limpar a totalidade do camiño.
Lateral leste da casa coa ventá do vertedeiro da cociña e a traseira do forno ao fondo.
Lateral leste da casa coa ventá do vertedeiro da cociña e a traseira do forno ao fondo.
Un carballo de notables proporcións sérvelle de pórtico á entrada da eira e da propia casa.
Tellas apiladas no chan da finca despois dos labores de desescombro.
Música de gaita e acordeón de Bico da Balouta poñían sons de festa a este evento sinxelo e singular.
Ángel Utrera (Asociación Amigos dos Pendellos), Vanessa Martínez (xefa de prensa do concello de Melide), Manuel Busto (Asociación Amigos dos Pendellos), Socorro Cea (alcaldesa de Melide), Gonzalo Constenla (Delegado de Medio Rural en Pontevedra), Manuel Anxo Escariz (Subdirector de Coordinación e Planificación Rural do Agader) e Ramsés Pérez (Coordinador de Educación Ambiental de Adega).
O escritor e amigo Xosé Vázquez Pintor con Socorro Cea, alcaldesa de Melide. O vindeiro 7 de xuño Melide axuntaranos de novo coa homenaxe que a AELG lle tributará a Pintor.
Ángel Méndez Méndez, da comunidade de montes de Ramil e Basadroa, o gran dinamizador local deste proxecto.
Momento no que os anfitrións explican aos visitantes o proxecto.
Adela Figueroa Panisse, presidenta de Adega, explicou por que os engaiolou Ramil e falou da excelente acollida e colaboración veciñal.
Ramsés Pérez detallou os obxectivos medioambientais e culturais que se perseguen con esta Aldea Verde.
A verdade e que é ben interesante. Bicos.
ResponderEliminarXenial iniciativa. Vexo que vos movedes, e moito.
ResponderEliminarUn dia moi fermoso, un proxecto grandioso, unha laboura annegada a de Adega, e un lugar inigualable para o reencontro cos amigos, e a descuberta dalguns que ata agora estaban ahi detràs da pantalla do ordenador, con todos nos dia a dia, sen coñecernos de nada...
ResponderEliminarQue cunda o exemplo, esto chamase facer ben as cousas, Parabens, para os amigos de Adega.
Alégrame moito a iniciativa e gustariame ter a ocasión de visitar o lugar. A miña felicitación pola reportaxe que é moito máis completa que a que se pode ollar na prensa, podendo comprobar o ben que aproveitaches a mañá festiva de Domingo de Ramos. A eira empedrada que se pode ver na foto recordoume a da Parada das Bestas que non esta moi lonxe de Ramil. A Socorro Cea, loxicamente, xa a coñecía; pero alegroume coñecer a Vanessa, que se non me equivoco ven sendo Vanessa de Portocelo de Quinzán. Boas noites.
ResponderEliminarAinda que ande enleada coas miñas cousas non te deixo de seguir, o teu blogue xenial coma sempre. Bicos
ResponderEliminarDebería haber máis iniciativas así.
ResponderEliminarSempre me resultaron curiosos os fornos sobresaíndo nas paredes.
Agradezo a tua cercanía e sensibilidade. Unha aperta!
ResponderEliminarQue ben rodeado de xente que está a moverse!. Dame esperanza ver cousas así.
ResponderEliminarTí élo da camara na man, non si?