14 de marzo de 2008

ACTIVIDADES DE NATURVIVA


O Recuncho Troiteiro é un blog de pescadores e de amantes dos ríos e da natureza feito desde o Deza e centrado no Deza. Na última entrada que recolle cita as actividades da Asociación Ecoloxista Naturviva de Agolada. Esta asociación, que naceu hai poucos anos, leva desenrolado numerosas actividades, innovadoras e plausibles: proxectan a canceira comarcal, queren crear un viveiro para fornecer á Xunta de Galicia de plantas de sobreira desde o Sobreiral do Arnego. Leva varios anos patrullando os montes de Carmoega, Brántega e Val para preservar a biodiversidade destes bosques únicos. O vindeiro 29 de marzo actuarán de anfitrións en Agolada na celebración dunha asemblea da Federación Ecoloxista Galega. Contan que haxa unha concorrencia nutrida.
Desde aquí quero felicitalos polo seu labor excelente e desinteresado.

3 comentarios:

  1. Interesante iniciativa: as sobreiras parécenme unha árbore preciosa. En moitas zonas de Galicia é ben escasa, polo tanto todo o que sexa aumentar o seu número é de aplaudir.

    ResponderEliminar
  2. non coñecía eu esa asociación pero polo que comentas estou seguro de que fan todo o posible polos propósitos da asociación. www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

    ResponderEliminar
  3. Boas Manuel. Foi unha sorpresa entrar no teu blog e atoparme ca cabeceira do Recuncho Troiterio, por iso quero agradecerche que fagas referencia a él no teu artigo.
    Graciñas dende o Recuncho Troiterio.

    ResponderEliminar