SOBREIRAS E MONOLITOS
Carmoega-Agolada-Melide. Tres referencias necesarias. Para el, para min. A Terra, o poeta e a poesía que a todo lle dá sentido.
(AGOLADA, Auga Levada)
Publicado por
busto.agolada
en
23:42
Etiquetas: EVENTOS, PATRIMONIO INMATERIAL, TERRAS VECIÑAS
11 comentarios:
As duas imaxes reflicten na miña mente duas xornadas de ledicia e pracer. Lembro con especial nitidez o intre no que Vázquez Pintor fixo lectura deses versos no Sobreiral e non sabería dicirche agora mesmo se estan mais firmes na pedra do monolito melidense ou nesta pétrea cachola ullán...
Unha aperta
Despois de ler dúas ou tres veces o poema, vou vendo retratos de homes e mulleres que viviron e sentiron nun lugar e nun tempo, vivencias e sentimentos que agora chegan a nós a través dos versos, e fixados na pedra chegarán aos que veñan.
Que bonito é o poema. Bicos.
Pintor merece iso e moito máis, a verdade é que sentín non ir á homenaxe. Un saúdo.
Na pedra están ben os versos porque estarán aí para a eternidade, pero eu quédome coa emoción de escoitalos na voz de Xosé alá no sobreiral.
Busto,
Sobre Pintor e o moito que merece a homenaxe, xa non me creo capaz de aportar nada que non se dixese.
E ti hasme perdoar que, en canto poida, che roube a foto para colocar no meu blog. Será a máis fermosa da serie "Letras na pedra", onde xa hai outras.
Suso, por descontado. Usa a foto para ese fin tan loable como adoitas.
Unha aperta.
A palabra....as pedras, a memoria ...¿Recordas a... que foi a lenda do noso primeiro econtro nos pendellos?.
A verdade é que temos vivencias que nunca imos esquecer.POr certo, agardo por ti para que me botes unha man, para facer os xogos na rua, do vindeiro dia 30, como nos ultimos anos.
PAra despois xa teño tamen organizado a actuacion de MAria Ines cuadrado....."Seis perxoaxes, na procura dunha historia".....E teatro interactivo...
Conto contigo
Son unhas fermosas verbas, espero verte anco quede con ana, ali pra xullo. Bicos
tes razón cuspe de pita, eu quedome con escoitalo no Sobreiral!
Pero a pedra e a pedra, lousa q nos abriga na morte e lousa que nos acolle en vida!
Teño unha proposta para os participantes na Xuntanza, pásate cando queiras polo meu blogue e dime que opinas. Por certo, en breve esa mesma proposta estará tamén en blog-xuntanza.
A mencionada proposta atópase dentro da entrada: Elos, todo un blogue.
Ogallá che guste.
Un saúdo.
Publicar un comentario en la entrada