P.S. Nesta entrada había un hórreo restaurado. Retireino por non disgustar a ninguén. Porque nunca foi nin será o meu obxectivo. Éche ben certo que moitas veces as boas intencións non cadran coas susceptibilidades tan diferentes.
20 de xuño de 2008
VENTOS DE RESTAURACIÓN (I)
Desde hai algún tempo observo que en Agolada vai medrando a sensibilidade e o bo gusto á hora de restaurar e recuperar as vellas construcións, expoñentes dunha arquitectura sinxela, que garda todo o encanto e solemnidade da pedra antiga, toscamente labrada e disposta coa graza da tradición rural.
Cabanelas, na propia praza do Concello de Agolada, reconverteu unha construción humilde e insulsa no mellor e máis imaxinativo apartamento de toda a vila. Tres dependencias, perfectamente aproveitadas e deseñadas con exquisitez, nun espazo reducido, e unha fachada que harmoniza co entorno, en perfecta simbiose coa tradición e co recinto dos Pendellos, que se encontra a escasos metros. Tradición e modernidade conxugadas con habilidade e intelixencia.
E. Ouro no final do Paseo da Parranda levou a cabo a restauración integral desta casa que herdou de seus pais. Foi taberna de feira durante moitos anos e diante dela véndense os repolos desde hai décadas. A pedra inmaculada, sabiamente recintada, recibe o perfecto complemento dunha carpintería de PVC e uns enreixados de forxa nos balcóns certamente orixinais.
P.S. Nesta entrada había un hórreo restaurado. Retireino por non disgustar a ninguén. Porque nunca foi nin será o meu obxectivo. Éche ben certo que moitas veces as boas intencións non cadran coas susceptibilidades tan diferentes.
P.S. Nesta entrada había un hórreo restaurado. Retireino por non disgustar a ninguén. Porque nunca foi nin será o meu obxectivo. Éche ben certo que moitas veces as boas intencións non cadran coas susceptibilidades tan diferentes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Sempre quixen ter unha casa de pedra para restaurar. Ata agora non o conseguín, pero non perdo a esperanza :-)
ResponderEliminar¿Queres crer que na miña aldea restauraron unha casa preto das ruinas do castelo e non puideron deixar a pedra á vista? Hai cousas que non entendo...
O mesmo pasou fai anos coa igrexa da Fonsagrada. Algúns día heiche mandar unhas fotos sobre o tema.
Despois de tantos anos de chambonadas semella que últimamente estamos a facer as remodelacións das casas con mellor criterio. Deixámonos de tanta modernidade e recuperamos o gusto polo que sempre foi noso.
ResponderEliminarE xa era hora.
Pois é de xustiza felicitar a eses veciños de Agolada que con tan bo xeito están acometendo as obras de restauración. Ás veces non é cuestión de cartos, se non -simplemente- de bo gusto e de sentido da estética, que se adapte ao entorno sin agredir á vista.
ResponderEliminarVaia chulada. Agora que vexo esas fotos, preguntome eu cando acabaran meus pais a sua....
ResponderEliminar