23 de xuño de 2008

OVELLA NA SOMBRA

O sábado, 21 de xuño, inaugurábase o verán cun mencer de lirios e grilos cantareiros. A mornura da mañá era unha tentación irrenunciable que me levou por paraísos mancados e esquecidos.
Alí, á sombra estaba a ovella da foto. Crin que era carneiro e pensei en retratalo para mandarllo a Vanessa de Santiso para a festa do San Paio, outro máis por se acaso non abondasen os 43 quilos. (Unha festa sen carneiro é coma un xardín sen flores) E velaquí: non había festa, mais había case xardín, flores e ...ovella.. Pero era ovella mansa, calada e mirona. Deixou de pacer e non facía outra cousa que mirar para o fotógrafo. Logo, o pensamento virou cara outro lado, e matinei se estaría na sombra por levar consigo tan pesado abrigo de la. E a lóxica proseguiu coa lembranza do vello dito de quen se engalanaba con varias prendas nos días de calor: "O que torna o frío, tamén torna a calor". Non sei qué pensaría ovella, pero buscou a sombra.

9 comentarios:

  1. Madia leva a ovella buscar unha sombra!. Nós témolo algo máis doado quitando abrigos e chaquetas, pero ela ten que aturar o mesmo "chaquetón" no inverno que no estío.
    Así e todo vese que a merina lle gusta posar.
    Pregúntome se, ó saber que saliu no teu blog, dirá que foi un "robado" ou admirá claramente que é un "posado". Con estas famosas...nuncha che se sabe!

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. É ovella que non parva e busca a sombra.
    Eu non o mirei pero din que as vacas do monte póñense á sombra dos muiños de vento para aproveitar a sombra e que non lles dea a lata as moscas que foxen do zoar dos muiños.

    ResponderEliminar
  3. a miña bisavoa sempre dicía iso de que o que tapa o frío tapa a calor, así que esa ovella algo saberá diso...

    ResponderEliminar
  4. Un amigo mio esta muy intersado en banderas de todo paises. El tiene una pregunta. ¿Sabes algo de la bandera de Galicia? Especialemente la signification de retratos de la corona/tiara, el cáliz, las hostias
    y tambien los colores. Entonces no que hay al la bandera, pero porque hay allí.

    Cuando una persona sabe o sabe donde podemos encontrarlo por favor responderme al: tvvliet1956@gmail.com

    Muchas gracias

    ResponderEliminar
  5. Pois si que está graciosa a imaxe da ovella. Bicos

    ResponderEliminar
  6. Chámalle parva! Habendo sombra, quen quere estar ao sol?

    ResponderEliminar
  7. Unha ovella ven lista, os animais somo mais do que nos parece

    ResponderEliminar
  8. A túa foto e o comentario faime lembrar cando era pequena e levaban as ovellas a lavarse ao río para despois rapalas. Facíame moita gracia velas despois frequiñas sen o seu abrigo de lá.
    Tamén lembro unha tarde en que xuntamos todas as ovellas na aira e ao día seguinte xa non estaban. Era a reconversión gandeira que afectaba tamén á miña casa.

    ResponderEliminar