30 de xuño de 2008

HORIZONTES NEVADOS

A serra do Faro forma parte da dorsal galega. É límite natural entre as provincias de Lugo e Pontevedra. No seu cumio érguese unha ermida de culto mariano, onde se celebra unha sonada romaría cantada xa na Idade Media por Xoán de Requeixo.
Hai dous anos e medio, nunha tarde agradable e fresca de decembro, percorrín o espiñazo da cordal, gozando dos nevados horizontes dos teitos montañosos de Galicia: os Ancares, co seu perfil dentado (na foto superior), O Caurel co Pía Páxaro e o Formigueiros (na foto do medio).

Na foto inferior aparecen moi ao lonxe Pena Trevinca e Manzaneda.
O Faro, igualmente o Farelo, é o mellor mirador da Galicia do Medio, o observatorio natural onde se percibe con nitidez a grandeza da Terra que habitamos, un gran castro defendido por murallas de brancas ameas.

7 comentarios:

  1. Fai un par de meses andiven percorrendo esa serra e dende logo as vistas son espectaculares.

    ResponderEliminar
  2. Si, a paisaxe que se ve dende as fotos, é espectacular. Gústanme moito este tipo de paisaxes. Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Faise curioso ver imaxes nevadas no verán. Semella incrible que a calor do verán poida transformarse en frío no inverno.

    ResponderEliminar
  4. Está ben claro que hai moita pedagoxía no teu discurso amigo Busto. Escápachese entre as liñas ainda que ti non queiras. Estou convencido de que os teus alumnos son afortunados.

    Unha aperta e gracias pola lección

    ResponderEliminar
  5. Os cumios nevados dos Ancares son unha paisaxe moi familiar para min, pero non por iso deixa de abraiarme a súa beleza.
    Non imaxinaba que se visen desde tan lonxe con tanta claridade :-)

    ResponderEliminar
  6. Fotos impresionantes. Eu teño subido varias veces a cima do Faro, pero non son capaz de ver tan nítidamente todos eses cumios que retratas. A próxima vez ei de ollar con máis detenemento. É sen dúbida, un dos meus lugares preferidos. O reto, por suposto é subir en bici dende a ladeira de Chantada. E o reto maiúsculo e subilo con 130 quilómetros nas pernas, para chegares a casa con 175 despois de coroar o surtido completo das miñas subidas favoritas (Merza-Silleda, Filloi, Candán, Espiño, A Ermida, Marañís, Oseira e Faro).

    ResponderEliminar
  7. Mágoa de panorámica e cartelas sinaladoras. Bonito artigo e mais para os que coñecemos o lugar.

    ResponderEliminar