26 de agosto de 2008

804. OURIZO DE PÉTALOS

A beleza reside no ollo de quen mira. Esta tese é facilmente defendible con argumentos sinxelos. A beleza habita arredor de nós, non é preciso ir buscala, xorde con espontaneidade e con frecuencia. A beleza é unha realidade e unha aspiración, nunca unha utopía. Un obxecto, un acto, unha persoa, un animal, a natureza... poden ser portadores de beleza manifesta ou latente. Cómpre aguzar os sentidos e advertir esa beleza, expresión máxima da perfección.
Ela estaba alí no medio das demais, distraída, con cara de felicidade aburrida, irradiando pétalos de beleza azul e branca, con mirada de sombra e cristal. E apareceu unha cámara para atrapar a beleza sorprendida beira do río caudal. Sirva pois como homenaxe á fermosura este ourizo de pétalos regado e regalado pola vida campestre e franciscana.

5 comentarios:

  1. Mais que nos ollos, a beleza reside na alma daquel que a busca. Fermoso amigo, sinxelamente fermoso. O sutil tamén e belo. So é necesario atopálo como ti o fas.

    ResponderEliminar
  2. As formas pequenas sempre teñen máis beleza ca as grandes. O que pasa é que hai veces que nos escapan da ollada.

    ResponderEliminar
  3. Esta é do tipo de capturas que atraen a miña atención e mailo obxectivo da miña cámara. Gústame a grandeza que se percibe cando as ves no seu entorno, e tamén con posterioridade con todo luxo de detalles e matices.

    Unha magnífica foto.

    ResponderEliminar
  4. ¡Ben fermosa esa fror! É verdade que non hai fror fea.

    ResponderEliminar
  5. Preciosa instantánea, preciosa flor... Saludos

    ResponderEliminar