Creo que cando falamos de feísmo non o facemos co ánimo de causar escarnio ou criticar gratuítamente. No meu caso anímame un afán didáctico aportando exemplos do que eu creo que non deberiamos repetir e a ser posible erradicar.
O feísmo adopta múltiples formas, nuns casos comúns a unha ampla zona xeográfica e en outras ocasións consegue sorprender por insólito. A horta con depósito que ilustra esta entrada creo que pode pertencer aos casos menos frecuentes. Non dubido da posible utilidade do artiluxio pero si obxecto da súa estética e harmonía co entorno.
Tal enxendro encontreino nunha saída ciclista, a uns quince quilómetros de Agolada, alí á beira dunha estrada local, erguido no seu propio desatino a catro patas.
E o máis jodido do asunto é que, se o dono se parase a botar contas da "artistada", xunto co feito de que tal trebello non o libra de usar un motor para subirlle a auga...
ResponderEliminar(Cando vexas destes cousas por Antas, despois deten o teu pedalear e chámame. Convidareite a un café feito con algua do Farelo, almacenada en depósitos incardinados convenientemente no entorno)
Unha aperta
Polo menos podía darlle unha man de pintura.
ResponderEliminarprecioso o teu blog e sobre todo moi instructivo.. acabo de facerlle unha ligazon permanente dende un dos meus blogs www.froitos.blogspot.com. visitareite moitas veces..
ResponderEliminarAlberto Granja (K.G.) da Asociación Cultural "O Naranxo" de Lalín
Hai xente que o fai inconscentemente e outra que sabe ben o que fai. Esta segunda é de pior caste. Unha das couas que sempre me chamou a atención é o entorno das casa onde se vive, moi pouca xente lle adica un tempo e un espazo para facer un xardín ou outras cousas.
ResponderEliminarUnha aperta, meu.