As fotos en branco e negro tomeinas en 1976, nunha das miñas repetidas estadías no mosteiro de Samos, que dista cinco quilómetros desta Casa Forte. Lusío é unha aldea da parroquia de San Cristovo do Real, no concello de Samos. Aquí en 1551, Lope Vázquez de Vilamexe e a súa dona Leonor Alfonso de Balboa erixiron este pazo con aspecto de fortaleza amurallada.
Na foto de arriba aparece a entrada principal con portada de arco de medio punto, escoltado por dous contrafortes cilíndricos rematados por cornixa e senllas acróteras. Sobre a porta, un balcón voado cun elegante marco de granito. Enriba del coroa o muro un sinxelo frontón. Á esquerda, sobre o muro aparece o torreón do pavillón principal do edificio do que arranca unha galería arcada que conduce á tribuna da capela do pazo. Na foto de arriba vemos máis en detalle a galería arcada que se sustenta sobre un muro de arcos cegos e ao fondo, revocada e caleada, aparece a capela que presenta ao exterior unha portada alintelada con enreixado de barrotes de madeira torneados e unha fiestra na planta superior.
A capela está dedicada a San Brais e nela tamén se veneran as imaxes de San Xosé, o Santiago peregrino ( o Camiño Francés de Santiago pasa moi próximo ao pazo), a Virxe Inmaculada e un santo da orde da Mercede. Detalle do torreón do pavillón da vivenda co corredor polo que se accede ás distintas dependencias e o brasón familiar campeando sobre a fiestra inferior. A porta con arco de medio punto, encravada na muralla perimetral da finca dá acceso ás cortes e ás terras de labor.O escudo coas armas da familia, visto máis en detalle. Ten un enorme mérito por estar esculpido en pedra de pizarra (a que é propia da zona) coa dificultade extrema que iso supón.
A muralla vista desde o camiño que rodea a propiedade. As portadas, o torreón principal e a galería da capela vense ao fondo. Na foto de arriba e na de abaixo podemos ver o corredor porticado con columnas e piso de madeira, desde o que se accede ás dependencias da casa e que ofrece unhas espléndidas vistas á veiga que rega o Oribio.No interior encontramos elementos arquitectónicos moi interesantes como a fiestra da esquerda cos seus parladoiros e o elegante lintel con arco festoneado.
A muralla vista desde o camiño que rodea a propiedade. As portadas, o torreón principal e a galería da capela vense ao fondo. Na foto de arriba e na de abaixo podemos ver o corredor porticado con columnas e piso de madeira, desde o que se accede ás dependencias da casa e que ofrece unhas espléndidas vistas á veiga que rega o Oribio.No interior encontramos elementos arquitectónicos moi interesantes como a fiestra da esquerda cos seus parladoiros e o elegante lintel con arco festoneado.
Unha das salas con traballadas fiestras e artesonado de madeira. En 2003, cando fixen estas fotos servía como almacén de patacas.
Detalle dunhas das portas interiores cos entrepaños primorosamente tallados con cadanseu motivo diferente.
Detalle dunhas das portas interiores cos entrepaños primorosamente tallados con cadanseu motivo diferente.
Unha das fachadas traseiras do edificio, con solaina de madeira e na que podemos ver a espléndida e monumental cheminea da cociña, rematada cunha cúpula cónica de laxas de pizarra.
O pazo aséntase nun outeiriño, rodeado de prados, leiras e bosques e ás súas costas olla os montes do Serrón, o Carballal e o impresionante Oribio.
Na foto, porta balconeira que olla as vizosas paisaxes de vexetación autóctona características desta zona.
Detalle dunha das paredes nas que se combina madeira e pedra para darlle maior solidez aos muros. Poucas veces teño observado en Galicia esta solución arquitectónica.
En 1773 era dono do pazo don Antonio Vázquez Quiroga, quen contraeu matrimonio en 1797, con dona María Ignacia Queipo de Llano, filla do conde de Toreno. O 17 de febreiro de 1804 naceu deste matrimonio, na casa de Lusío, o físico e eminente matemático don Vicente Vázquez Queipo, autor, entre outras, das famosas Tablas de los Logaritmos Vulgares.
En 1773 era dono do pazo don Antonio Vázquez Quiroga, quen contraeu matrimonio en 1797, con dona María Ignacia Queipo de Llano, filla do conde de Toreno. O 17 de febreiro de 1804 naceu deste matrimonio, na casa de Lusío, o físico e eminente matemático don Vicente Vázquez Queipo, autor, entre outras, das famosas Tablas de los Logaritmos Vulgares.
Toda a disertación anterior vén motivada pola feliz noticia da restauración do pazo. No pasado mes de maio, desde o Camiño Francés de Santiago tomei esta nova imaxe do pazo, presidida pola altura do guindastre e observei as primeiras obras, xa se advertía o desmantelamento dalgúns tellados. Sabía desde hai tempo das intencións de compra do edificio por parte da Xunta de Galicia, pero descoñecía o seu destino final. Especulouse cunha pousada de Turismo. Onte finalmente souben do calado e importancia do futuro a que se vai destinar tan singular edificio. No plan da Xunta para revitalizar os diferentes Camiños con intervencións singulares, pretenden establecer aquí un albergue de peregrinos, un museo dedicado a don Vicente Vázquez Queipo e o Museo da Historia da Agricultura de Galicia (precisamente neste pazo que tivo unha orientación labrega desde os seus inicios). Tamén se destinará unha sección a Museo de maquinaria agrícola clásica, restaurarase o antigo muíño da casa e a Ferrería.
Se isto non abondase, a obra abranguerá tamén ás fincas do pazo nas que se pretende establecer a Reserva Vexetal de Galicia para a conservación das especies de froiteiras autóctonas e outras árbores propias de Galicia.
¡¡¡Albízaras!!! Xa me tarda o día para ir facer fotos co edificio en plenitude de funcións e elegancias arquitectónicas. Esta é a Galicia que eu soño e non as dos Gaiás desmedidos.
Pois xa me descubriches outro lugar que nin por asomo coñecía.
ResponderEliminarEntre a Pedriña e O Marco vou sabendo, pero moi extenso é o territorio fora desas fronteiras! Graciñas por continuar a ser mestre fora do horario laboral.
Unha aperta (ainda mollado por media maldita hora de auga de agosto)
É de agradecer que a Xunta recupere xoias coma esta e lles dea un uso.
ResponderEliminarTés razón: cos cartos investidos en Gaiás daba para conservar bastantes xoias que están a caír por Galicia adiante.
E se soñamos todos xuntos pode prometer alguén que se fará un día realidade?
ResponderEliminarUnha gozada para os mermados sentidos dunha boa parte da sociedade.
Bicos e apertas.
Minucioso traballo o teu, si señor. A ver se a restauración está á altura.
ResponderEliminarÉ un lugar ben fermoso, alédame que estea en proceso a súa recuperación.
ResponderEliminarSi, esta é tamén a Galicia dos meus soños, e non outras ;-))
Unha aperta
Acabo de llegar de pasar unos días en Berredo, y este año aproveché para visitar los cañones del Sil y volver a pasear por Ourense... cada día me gusta más nuestra Galicia.
ResponderEliminarUn lugar fermosisimo, digno de recuperar.
ResponderEliminarAlegrome que o estean a restaurar. Na sua época debeu ser un edificio ben impresionante!!! Ainda é agora, e espero poder velo cando esté restaurado.
ResponderEliminar