1 de setembro de 2008

805. IV NOITE MÁXICA DAS CANDEAS

O pasado sábado, 30 de agosto celebramos a IV Noite Máxica das Candeas nos Pendellos. Na despedida escoitei dalgún dos asistentes loanzas para esta festa distinta e singular. "É a festa máis bonita de cantas se celebran en Agolada" díxome unha nativa desta vila que agora reside en A Coruña.
Imos pola cuarta edición desta velada gastronómico-musical. Con ela a Asociación Amigos dos Pendellos persegue unha vinculación afectiva dos veciños cos Pendellos e suscitar as múltiples funcións que se lle poden tirar a este espazo arquitectónico. Tamén manter a permanencia da nosa reivindicación: restauración inmediata e uso intelixente e rendible do mellor e máis antigo mercado de feira.
A veciñanza e convidados acoden provistos de viandas e manteis e acomódanse nos distintos pendellos-expositores. Sen iluminación eléctrica, os candís e as candeas ganan protagonismo e iluminan feblemente as vetustas e rústicas pedras. O ambiente resulta máxico e acolledor.
Porque as imaxes teñen máis forza cás palabras, aí vos deixo algunhas fotos do evento.
A concorrencia foi notable e anima a seguir. A Asociación ofrece a organización: limpeza dos pendellos, servizo de megafonía, os grupos musicais, a queimada, contacontos, candeas, e a animación da velada.





4 comentarios:

  1. Non hai nada como desfrutar da boa compaña e máis nese lugar que semella ideal para esta festa das candeas.
    A ver se podo ir noutra ocasión.

    ResponderEliminar
  2. Sinto verdadeira admiración polas actividades que facedes e que engrandecen o voso pobo ao mesmo tempo que o disfrutades do xeito tan xenial que se pode percibir nas imaxes

    (Imaxes ás que desta vez...metécheslles megas, carallo; que me levou media hora para cargalas!!!)

    ResponderEliminar
  3. Nese lugar e nese ambiente tuvo que ser máxica, si.

    ResponderEliminar
  4. Ben bonitas son as fotos; ben bonita tivo que ser a festa.
    Noraboa

    ResponderEliminar