4 de setembro de 2008

806. D. GUSTAVO SANTIAGO E D. AVELINO POUSA

Desde o Aquam Latam quero ter un emocionado recordo para D. Gustavo Santiago Valencia e para D. Avelino Pousa Antelo. Con sentimentos ben diferentes: o pesar polo pasamento do primeiro hai días e a felicitación para o segundo porque lle foi concedido o VII Premio Ramón Piñeiro "Facer País".
Na foto aparecen ambos xuntos en Agolada compartindo unha xornada festiva durante o III Encontro nos Pendellos, o 16 de setembro de 2006. Ese mesmo día D. Avelino recibía o noso Pendello de Honra.
Agolada débelles agradecemento porque desde o seu compromiso con Galicia estiveron en todo momento apoiando a causa da restauración dos Pendellos, de cuxa Asociación de Amigos son socios de honra desde a súa fundación. Honráronnos coa súa presencia e agasalláronnos co seu afecto e proximidade en repetidas ocasións. Esta fiestra en internet coa miña expresión de admiración e recoñecemento pretende corresponder a tanta atención de ambos, no que atinxe a D. Gustavo, a título póstumo.

3 comentarios:

  1. Vaites!!

    Pois si que facedes cousas por ahí,si.

    Haberá que apontarse algún día.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Non se xa se lle ve na cara que é boa xente. Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Súmome á admiración e recoñecemento. E que D. Avelino siga así de lúcido. Algunha vez téñoo escoitado nunha tertulia da Radio Galega, con Barreiro Rivas e Carlos Mella e, aos seus +- 90 anos, segue demostrando ser un referente do galeguismo.

    ResponderEliminar