7 de agosto de 2008

XII MOSTRA DE ARTESANÍA NOS PENDELLOS

O mes de agosto é o mes das festas. Media Galicia está de festa. Agolada tamén se prepara para vivir tres días diferentes, con aires de festa, de feira, de exposición, de trafegos que xiran arredor dos Pendellos.
A Mostra de Artesanía acada a duodécima edición na mellor iniciativa que desde as institucións se deseñou para usar e revalorizar as construcións do antigo mercado. O éxito da Mostra vén sempre condicionado polas circunstancias atmosféricas e pola concorrencia de público.
A priori xulgo que o programa de actos confeccionado para este ano é bastante digno e acorde coas posibilidades dun concello e dunha vila pequenos.





Pendellos-expositores acugulados de diferentes manifestacións de artesanía, talleres-obradoiros diversos, feira tradicional, festa da bicicleta, xuntanza da Terceira Idade, gaiteiros, charangas, bandas de música, o folk de A Roda, Festival de Música e Danza dun grupo do Portugal irmán. E a romaría medieval. Este último acto é o que a min menos me convence. Ten pouco de medieval e limítase a uns torresmos con pan de millo, viño e queimada, algunhas persoas que se caracterizan "daquela maneira" querendo emular a época medieval e máis nada. Habería que repensalo, e esforzarnos todos por participar en algo ao que lle encontremos sentido e coherencia.
Parabéns aos organizadores e moito éxito.

3 comentarios:

  1. Gústame ese programa das festas. Os organizadores amosan certa sensibilidade que se agradece, ninguén vai botar en falta esas orquestras do "merengaso", que contaminan o aire de ruídos extranxeiros.
    Xa sei que tampouco armonizan moito cunha feira de artesanía, pero xa me entendes.

    ResponderEliminar
  2. Non está mal o programa de festas.
    Eu pola semana non podo ir que traballo e o domingo temos visita de amigos.
    Eu se puidese ir á romaría medieval iría vestido de viquingo, para darlleuso ao disfraz do entroido.
    Ah, por certo, ao millor interesábache o kilt galego
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Xa vin a profusión de cartelería que anuncia o evento por toda a bisbarra. Hei tentar achegarme en algunha das xornadas de tarde.

    ResponderEliminar