A aldea parecía soa, abandonada temporalmente por mor dos labores cotiáns. Só algún can remexía alá no fondo dunha eira, seguramente preso pola cadea, pois non asomou o fuciño... mais era consciente da bicicleta intrusa.
Andei só por entre as casas caladas e reflexivas, estantías baixo o sol morno da mañá. Querían dicirme algo no silencio, contarme dos seus moradores actuais e pretéritos. Eu olleinas e retrateinas, así, sen remilgos, sen peitearse e sen endomingarse, ao natural. Tamén reparei nos hórreos, nas pías, nos camiños de vello cos seus valados, nas silveiras e nos fentos que van colonizando terreo nun avance sen retorno. Todo me falaba, especialmente dun pasado máis pobre no económico e máis rico no social, do bulir dos rapaces, das campaíñas das vacadas que ían cara os prados, das conversas, dos berros de chamada e de afalar...
Levabas o ollo afinado e obtiveches o premio.
ResponderEliminarE tamén atopaches as palabras axeitadas para expresar ese cambio de tornas á que aludes do social e mailo económico das nosas aldeas. Retratas, pois, coa cámara e tamén coa semántica. Da gusto mirar/ler.
(E ten tino cos cadelos, que non son nada amigos das bicicletas!)
Apertas de Antas
Manuel, precisaba preguntarte unhas cuestións. Pódesme escribir a magago@gmail.com e así teño o teu correo?
ResponderEliminarUnha aperta e grazas.
Eu atopei un na Ulloa en Ferreira de Negral (Palas de Rei). No caso do da Ulloa ten a gracia que serve de bufarda para unhas cortes. O día que fale das bufardas da Ulloa sacarei a foto.
ResponderEliminarApertas
Un bo relato fotográfico e textual.
ResponderEliminarO muiño castrexo é un exemplo máis de reciclaxe de toda a vida.
Tes razón, pero o castro o que te refires non é o que pensas, hai outro mais preto,escondido, nas Casarellas ( cerca da pena Raxada, famoso por os seus petroglifos ). Eu recordo hai moito tempo atopar por un veciño ao abrir unha mina de auga ( na zona hai moitas, que eus sepa 4 polo menos, e moi cerca unhas das outras ) un muiño deses, pero cónico, que estuvo moito tempo riba dun valado para desaparecer sin rastro... pero iso foi noutra aldea, río abaixo da que aparece na foto. E cerca desa aldea tamén hai un cuirioso " muiño de batán" que se preguntas os veciños contaranche a súa historia ben curiosa.
ResponderEliminarEstaba todo en tranquillo e chegou un en bicicleta foi pena que os cadelos non morderon.
ResponderEliminarReciclaxe de anos pasados ou no no entendes
ostras, o achádego, moi interesante, as fotos estupendas, e para mín por riba de todo, o relato, símplemente delicioso... Parabéns, xa quixeramos algúns ter unha prosa a metade de florida, jejeje.
ResponderEliminar