O verán chama imperativo coas súas seituras nas casas de Faílde e Laparte. Bule a aldea mentres o castro Marcelín preside maxestoso o horizonte do norleste. Entre a Vila Grande e Marcelín vibra mallador o aire nun boureo permanente de mollos en trafego. Da meda ao palleiro anda a palla alporizada e a promesa candeal de pan centeo conduce ás tullas da fartura ben gardada. Unha ledicia colectiva e comunal circula entre suores e po durante horas na espera do remate do labor. No silencio dos motores, que abrouxan aos paxaros, agromará a festa campesiña, correrán o viño e os compangos e os contos-cantos compartidos no descanso...
As imaxes son elocuentes por si soas. Falan dese pasado aínda recente e recendente. Recollen escenas que endexamais voltarán, xentes que xa non están.
A harmonía da composición e a calidade das imaxes son características comúns nas fotografías que coñezo de Jesús Faílde Oro. Que sexan do voso agrado!
A malla era un traballo ben duro. Aínda hoxe dicimos, para expresar moito cansancio, que "estamos mallados". Pero era o cumio da colleita, por iso tiña tamén unha vertente festiva.
ResponderEliminarAs fotos que vexo que traes son unha verdadeira reliquia. Todo un pracer poder admiralas
(Xa falaremos do autor, que eses apelidos resúltanme coñecidos a estoutro lado do Farelo)
Apertas
Las fotos son bonitas.
ResponderEliminarTon van Vliet
Son unhas fotos magníficas.
ResponderEliminarun tesouriño.
ResponderEliminarSon unha xoia tanto pola historia e costumismo que conteñen como pola composición ca que foron feitas. A última especialmente é unha fermosura.
ResponderEliminarQue marabilla de fotos! Encántanme as fotos das mallas porque eu case non teño acordo delas.
ResponderEliminar