O Arnego, que bebe na serra do Faro, chega a Carmoega (Agolada) e ábrese en val de mantenzas e sombras de corticeiras. A sobreira soberana señorea o val e o río agáchase caladiño e escorre polo máis fondo da fraga ata acadar o canón da Vultureira (do vultus latino: voitre). Nos riscos da Vultureira e na Pena Grande aniñaban os voitres. Hai tempo que xa non se ven.
Unha pregunta non-trampa: este texto foi improvisado para a ocasión ou procede dalgunha fonte previa?
ResponderEliminar