30 de novembro de 2006

O FARELO

No límite nordeste do concello de Agolada érguese o elegante domo granítico do monte Farelo, ao que os romanos lle chamaron Summium, o curuto elevado. Cos seus 954 metros sobre o nivel do mar foi antano torre vixía, faro (far-elo) emisor de sinais luminosos, alertas no horizonte contra o descoñecido e fronteira natural do Condado Decense.
Torrenova, Torrevella, Currodeguas, Pena do Brinco, Capela de San Silvestre, Coto Arrolda, Valado das Liñas, O Penedo, Coto das Escaleiras, Valtureira, Coto Corisco, Coto Lobiños, Capela de San Simón, Coto das Huchas, As Estremesiñas, O Convento, Coto dos Porros, Pena do Bico Longo, Foxo do Lobo... e toda a toponimia sementada en cada pedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario