30 de novembro de 2006

OS TORRENTES DO ULLA

O río Ulla arriba ás terras de Agolada entre pulos de mozo baril. Brinca de fervenza en fervenza con azos de facerse adulto. A súa forza mollada modela caprichos de granito luído.
Na marxe esquerda, Ramil e na dereita, as terras de Palas de Rei. Moi preto está o castelo de Pambre e o balneario de Sambreixo.
Río arriba, as ruínas do antigo balneario de As Augas de Frádegas.
Paraíso de camiñantes, enredo para pescadores, espectáculo sobre as canoas, marabilla no bosque de galería que envolve o inquedo río.
(Foto de Xavier Busto Ramos)

2 comentarios:

  1. Coñezo pouco de Agolada, de feito so fun aquela vez ha perto de 30 anos facer fotos para algún dos primeiros números (antes do nº50) de A Nosa Terra. Algunha foi publicada creo recordar e algún dos negativos "perdeuse" na redacción, porque unha das fotos dun touro que fixen nunca máis o voltei a ver. Só teño unhas 20 fotos que tería que buscar. Mándame un correo a xoseberg(arroba)gmailpuntocom. Excelentes paisaxes os que mostras, non sabía que aínda ficasen tantas sobreiras na nosa terra. Saúdos

    ResponderEliminar
  2. a auga corre, a auga é vida e vida é o que hai nesta fermosas paisaxes que mesmo invitan a percorrelas escoitando os paxaros que se pousan nas árbores e o murmullo dos regatos que baixan.
    noraboa por este excelente traballo.Sigue adiante.

    ResponderEliminar