17 de decembro de 2006



OS PENDELLOS

Desde finais do século XVIII, Agolada foi testemuña dunha das máis importantes feiras da Galicia interior.

Para acoller aos feirantes construíronse os pendellos, humildes alpendres de cachotería granítica con soportais amparados sobre grandes chantos verticais e mostradores de lousas. O recinto acadou unha importante dimensión e formou un entramado de canellas e prazas. É unha das máis singulares mostras da arquitectura popular de carácter comunal. Desde 1985 declarouse Ben de Interese Cultural para frear o seu deterioro. Na actualidade estamos a traballar para acadar a súa completa restauración.

(Foto Bernabé, 1970)