19 de decembro de 2006

PENDELLOS EN PÉ DE VENTO

En maio de 2004 xuntamos no bar Central de Agolada oito soñadores (pragmáticos) coa arela de facermos algo pola pronta restauración dos Pendellos. Aquela reunión foi o xermolo da Asociación "Amigos dos Pendellos". O sempre amigo, Xosé Vázquez Pintor, prendeu unha chispa que xa é lumeirada de verbas e de realidades. Nese labor de facermos primeiro unha restauración desde a palabra naceu este sinxelo e fermoso poema:


OS PENDELLOS EN PÉ DE VENTO


Meus xoguetes interiores da infancia
pequeniña de Amor e Feira grandes.

Un colo en memoria fordes, tanto máis amigos
do silencio na noite para que a pedra fale.

Sexades para sempre a Nosa Voz
na Casa das Palabras, coma en antes.

Xosé Vázquez Pintor
Abril do 2005

Foto de Arquivo Bernabé, 1970