Gaiteiros Bico da Balouta. Agolada (Pontevedra).
Este grupo de gaiteiros (en foto cedida por eles) ten unha traxectoria de anos no río musical que percorre Agolada. Dinamiza a vida local con iniciativas altruístas e pioneiras. Os seus percorridos polas tabernas para aledar á concorrencia son unha boa mostra diso. Así sen máis e nada menos. Participou en intercambios nacionais e internacionais. Traballa e colabora coa Asociación Amigos dos Pendellos con entrega e desinterese. E estámoslles fondamente agradecidos. Eles son tamén amigos dos pendellos, lugar que escolleron para marco desta foto. Ademais da música conseguen que a cultura estea no seu horizonte. Son xente inqueda, motivada, disposta a traballar.
O grupo xa ten máis compoñentes que os que se ven na foto. Algún día poreilles aquí unha na que saian todos.
O nome do grupo está tirado do topónimo que lle dá nome a un monte de Vilariño onde o río Arnego fai unha reviravolta moi pronunciada, preto dos prados do Castelo (Cadrón).